domingo, 5 de marzo de 2017

EN QUE CONSISTE TOLEAMOS(SEN+)??

Este é un proxecto real, vivo, cambiante, desafiante. Tamén bastante difícil e arriscado. Pero atrevémonos co risco, gústanos o risco, pensamos que sen ese risco aburrímonos e, se nos aburrimos, ninguén aprende. Para aprender hai que emocionarse!! E con este proxecto emocionámonos todos: profes e alumnos. Contámosvos un pouquiño... O proxecto do restaurante nace dun problema: xa van dous anos que non podemos irnos de excursión porque non dispoñemos de diñeiro... Como conseguilo? Que sabemos facer ben? Que podemos ofrecer? Tamén nace da posibilidade de contar cun profe de cociña, Álvaro Rey, que é un cociñeiro profesional!! E grazas a dispoñer dunha nova cociña no cole, grazas ao empeño do noso director, Rafa Lores. Así, pensando xuntos, xurdiu a idea de que xa estabamos un pouco cansos de cociñar sempre para nós mesmos, que era o momento de cociñar para outros, comensais ?reais? que apreciasen o noso traballo e o noso esforzo. Xa tiñamos un produto ou servizo con relevancia social: o noso restaurante, e un público auténtico ao que ofrecer ese produto ou brindar ese servizo. Xa tiñamos o máis importante para iniciar un proxecto. Pero agora faltábanos todo o traballo: elixir o nome, deseñar o logo, decidir e calcular o custo do menú, xestionar as reservas, organizar a sala, decorar as mesas e as paredes, organizar a recepción dos comensais e o roupeiro, pensar se pedir un crédito (ou un préstamo??), buscar prezos de billetes, entradas, etc. para saber canto diñeiro necesitamos... Ademais, hai que repartir as funcións e aprender a realizalas: que fan os camareiros? E os cociñeiros? Como se serve a auga? Como se emplata? Ah!! Quen sabe poñer o lavalouzas? Ademais, todas as tarefas non son igual de apetecibles, pero hai que facelas todas... E quizais non me gusta moito lavar pratos e prefería estar na cociña ou no roupeiro, pero é o que toca, e enfádome... Un rollo!! Incriblemente estamos a facer todo ese traballo. Para iso saímos moito do cole: fomos a falar coa directora do banco, paseamos pola praia quitando fotos para a decoración, visitamos comercios buscando prezos máis accesibles para os artigos necesarios. E tamén traballamos moito dentro do cole con todos os medios ao noso alcance, especialmente os computadores!! Pero tamén hai que facer fotocopias, hai que plastificar e recortar moito, hai que facer papiroflexia... Que paciencia hai que ter!! E tamén tolerancia á frustración... non todo sae o ben que esperamos. Os profes témolo claro. Traballamos dentro dun modelo de enriquecemento para todo o alumnado, o modelo SEM de Renzulli, un ensino e unha aprendizaxe de alto nivel para todos. Dentro dese modelo caben moitas das metodoloxías activas e participativas que poñemos en marcha: aprendizaxe cooperativa, aprendizaxe baseada no pensamento, traballo por proxectos... Este modelo caracterízase polo traballo do alumnado "coma se" fosen verdadeiros profesionais, no noso caso: camareiros, cociñeiros, limpadores... Tamén require de implicación persoal (tanto de profes como de alumnos) e de altas doses de diversión!! Pero todo isto sempre baseado nos intereses do propio alumnado. Para iso tivemos que motivarnos no que chamamos as actividades de tipo I, actividades cuxa función é espertar o interese do alumnado: fomos a cear ao CIFP Manuel Antonio e vimos outros alumnos traballando como verdadeiros profesionais. Que ben o facían! Así o queremos facer nós tamén! Despois viñeron as actividades de tipo II, o traballo duro, o adestramento para a aprendizaxe das nosas funcións, a toma de decisións, a creatividade posta en xogo en cada unha desas decisións, o pensamento crítico, a procura do consenso cando o debate ponse difícil... Agora toca gozar da actividade de tipo III, o produto final: o noso restaurante xa en marcha cos nosos comensais esixindo un bo servizo... Que nervios! Fixemos unha proba e saíu bastante ben, pero agora xa non é unha proba, é o restaurante "de verdade". Así que hai máis nervios, pero tamén máis ilusión. Ah!! Esquecíame de mencionar que contamos cun espectáculo científico en directo para amenizar a cea... pero iso xa non volo conto!! Iso hai que velo!! Esperámosvos!! Facede reservas porque se esgotan rapidamente!!

viernes, 24 de febrero de 2017

Entrantes

Nuestros entrantes son exquisitos a la vez que modernos.

Crema de calabaza con crujiente de queso
Mini hamburguesas de salmón a la naranja
Pan de cristal con revuelto de verduras

sábado, 11 de febrero de 2017

LOGOTIPO

Os nosos compañeiros de Primaria estiveron trballando na creación do logo que nos identifica, e aquí tendes o resultado

martes, 7 de febrero de 2017

RESERVAS

Podes cubrir o seguinte formulario para facer a túa reserva:

BENVIDOS

Benvido ao teu novo espacio gastronómico onde disfrutarás do menú máis actual nun entorno incomparable.
Disfruta da boa cociña en:
TOLEAMOS...
(Sen máis)